Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A aposta polo virtual marca o XVI Zona da Zanfona

RIANXO ACOLLE OS CONCERTOS, CURSOS E ACTIVIDADES DO PROGRAMA ENTRE O 3 E O 5 DE XULLO

A aposta polo virtual marca o XVI Zona da Zanfona

FOLK | xuño 29, 2020

imaxe non dispoñible

Efrén López, Sobre Rodas, Os monifates e É Romance compoñen o cartel de concertos da XVI Edición do encontro Zona da Zanfona. Rianxo acolle entre o 3 e o 5 de xuño a nova xeira desta iniciativa que se adapta á situación sanitaria mediante recitais e cursos con reserva e aforo limitado e a aposta polas actividades virtuais.

Unha das grandes novidades desta xeira é o curso de construción dunha zanfona, que permitirá aos seus participantes montar o seu propio instrumento en dous días a partir duns planos dispoñibles en aberto e con pezas cortadas a láser e creadas mediante impresión 3D. Canda a este haberá cursos presenciais de iniciación, con instrumentos achegados pola organización, e de perfeccionamento. En formato dixital desenvolverase unha aula maxistral da man do inglés Steve Tyler e unha palestra sobre cordas históricas e modernas coa canadense Tobie Miller, intérprete especializada en repertorio barroco para zanfona.

O encontro continúa coa súa aposta por divulgar repertorio para o instrumento e dispoñibiliza no web de aCentral Folque unha terceira entrega de Cancioneiro #ZdZ, publicación de acceso gratuíto e descarga libre que cancións populares e simples para todos os niveis de interpretación.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer