Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O 17° Ribeira Sacra presenta un cartel cheo de música galega e facilita a devolución de abonos

VIVE NIGRáN E MúSICA NA RúA TAMéN LEVARáN ADIANTE NOVAS EDICIóNS DOS FESTIVAIS E XA TEñEN CARTEL

O 17° Ribeira Sacra presenta un cartel cheo de música galega e facilita a devolución de abonos

MISCELáNEA | xullo 10, 2020

imaxe non dispoñible

O dinamismo que están a coller os pequenos eventos musicais coa ausencia das grandes citas multitudinarias este verán vese claramente no caso do festival 17° Ribeira Sacra que tras facer xa anuncio da celebración da súa cuarta edición entre o 30 de xullo e o 2 de agosto ven de presentar o cartel artístico que será a columna vertebral dun evento que ten ademais outras moitas actividades de ensalzamentos paisaxístico e eno-gastronómico da Ribeira Sacra. Como era de agardar os artistas galegos son maioría este ano no festival. Xoel López e Guadi Galego encabezan un cartel no que tamén están Os amigos dos músicos, os tudenses Best Boy, Laura Lamontaigne & Pico Amperio e desde Compostela os Momboi e Elba. Como artistas foráneos, aínda que moi achegados, estarán no 17° Ribeira Sacra os portugueses Cassete Pirata e repite no festival a cantante e pianista madrileña Elena  Iturrieta, ELE. Considerando o restrinxido da capacidade que este ano vai a haber para coller público a organización do festival, unha vez dado a coñecer hoxe o cartel, ven de abrir un prazo de devolución de abonos, que a día de hoxe están esgotados, para quen non estea contento coa oferta musical ou que por calquera outra razón prefira non asistir. Na busca dun público realmente entregado a disfrutar desta pequena cita na Ribeira Sacra, a organización fai así un movemento case inédito entre este tipo de eventos facilitando unha devolución a poucas semanas do seu comezo. Para os que manteñan o seu abono ofrecen en exclusiva una preventa para a edición do vindeiro ano con desconto.

Tamén na Ribeira Sacra estará moi activo outros dos festivais alternativos deste verán, concretamente na Sala Avenida da localidade lucense de Escairón, onde o festival de música alternativo Música na rúa, celebrará a súa décima edición entre o 31 de xullo e o 4 de agosto. Cinco días de concertos en directo con máis de 25 artistas, nun cartel presenta unha oferta do rock alternativo estatal encabezada por Biznaga, Califato 3/4 e Solar Corona. Outro dos “pequenos” eventos do verán que tamén asegurou edición e ven de presentar a oferta artística é o festival Vive Nigrán Picnic Pop . Nun formato máis reducido que as dúas edicións anteriores ete evento promovido desde o concello de Nigrán celebrarase este ano nas pistas de tenis de Praia América, en Gaifar, os días 17 e 18 de xullo. No eu caso serán cabeza do seu cartel dúas representación do pop “indie” estatal como Anni B Sweet e Rufus T. Firefly, peron tamén habera presencia galega coa artista viguesa dani e o tamén galego Villanueva.

Cambios e desaparacións
Outras das novas que sta semana trouxo sobre a actualidade dos festivais foi a decisión do Resurrection Fest Estrella Galuicia de levar a cabo un importante cambio de datas para a súa edición do ano que ven. Motivados pola necesidade de poder conseguir un cartel acorde ás expectativas do seu público, o festival trasládase un mes, pasando das súas datas tradicionais a primeiros do mes de xullo a ter lugar na primeira fin de semana de xuño, do mércores 2 ao sábado 5. As particularidades das xiras das bandas máis importantes así o fixeron necesario, segundo a organización. O festival ademais xa avanzou algún dos seus cabezas de cartel interncionais. A banda estadounidense System of a Down darán en Viveiro o que será o seu único cocnerto en España en 2021. Tamén estarán outras grandes e coñecidas bandas do xénero rock coma KoRn e os Deftones.

A semana tamén tivo a súa despedida cunha carta publicada na edición de Arousa do xornal La Voz de Galicia polo promotor musical Gúmer Meijón, responsable do festival Vilablues na que se despedía do público de Vilagarcía tras catro edicións. Este feito non ten que ver directamente coa crise sanitaria e xa desde xaneiro a continuidade do festival de blues por quinto ano na vila arousá estabe incerta. A imposibilidade de acordo entre o promotor e o goberno municipal levou a este a desbotar a continuidade deste evento de referencia do xénero do blues e o soul. Meijón non descarta facer o evento o vindeiro ano nunha localización diferente.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer