Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A agrupación Cántigas e Frores é galardoada co XIII Premio Opinión Andaina Senlleira

O RECOñECEMENTO APUNTA COMO "REFERENTE MUSICAL" ESTA HISTóRICA FORMACIóN LUCENSE

A agrupación Cántigas e Frores é galardoada co XIII Premio Opinión Andaina Senlleira

FOLK | xullo 13, 2020

imaxe non dispoñible

O XIII Premio Opinión Andaina Senlleira, que se outorga no marco dos Premios Opinión de Música de Raíz, ten xa nome. A organización dos galardóns acordou recoñecer neste ano a histórica agrupación lucense Cántigas e Frores como "un referente musical" do país. Nada en 1948 a integrar as agrupacións Frores e Silveiras e Cantigas e Aturuxos, a entidade mantén unha escola de música e baile tradicional con preto de 300 persoas inscritas en grupos de gaita, percusión, baile, canto tradicional, acordeón, violín, ou zanfona.

A entrega do premio farase no marco da gala dos Premios Opinión, que se trasladou ao vindeiro 29 de setembro por mor da crise sanitaria. O encontro contará coas actuacións de Quinta San Vitorio, Belém Tajes e Lilaina e un feche a cargo do Cuarteto Caramuxo.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer