Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Presumido abren hoxe no Barco os Directos Xacobeo’21 en Salas

O NOVO CIRCUíTO DE CONCERTOS BUSCA REACTIVAR O SECTOR DAS SALAS DE CONCERTOS

Presumido abren hoxe no Barco os Directos Xacobeo’21 en Salas

MISCELáNEA | xullo 28, 2020

imaxe non dispoñible

O ciclo Xacobeo’21 empeza a súa andaina na localidade ourensá do Barco de Valdeorras co concerto de Presumido. O dúo de electro-pop sae do confinamento con novos temas baixo o brazo ademais de coa continuación da xira do seu disco Cuatro estaciones(2019). Este directo inaugural terá lugar hoxe martes 28 de xullo, na sala Baixo 5. A actuación forma parte dunha longa lista de directos que se celebrarán ata o mes de outubro e que forman parte do Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico da Xunta de Galicia, financiado integramente polo Goberno galego e coordinado pola Asociación Galega de Salas de Concertos Clubtura. Nesta mesma semana haberá outros sete concertos deste ciclo en salas de Bueu, A Coruña e Lugo. O ciclo busca reactivar o sector das salas de concertos galego, afectado de forma especialmente intensa tras a crise da COVID-19, programando bandas galegas, e realizando gravacións de todos os concertos, que de acordo coas bases da convocatoria poderán verse a través da web do proxecto, www.directosxacobeo.com, permitindo así unha maior accesibilidade á cultura galega e á música en directo.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer