Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Preséntase en concerto no festival de arpa de Noia o libro e cd sobre os instrumentos medievais da arquivolta da igrexa de San Martiño

O NOIA HARP FESTIVAL COMEZA ESTE MéRCORES COA PRESENTACIóN DO PRIMEIRO DISCO DE ALBA BARREIRO 'EIXOS CROMáTICOS'

Preséntase en concerto no festival de arpa de Noia o libro e cd sobre os instrumentos medievais da arquivolta da igrexa de San Martiño

CLáSICA/LíRICA | agosto 5, 2020

Alba_barreiro_eixos.jpg

O festival de arpa de Noia, Noia Harp Fest, impulsado pola figura do músico noiés Rodrígo Romaní coma director, cumpre este ano o seu quinto aniversario, manténdose nas circunstancias e presentando tres días con citas moi singulares e cada unha delas de especial importancia. Este mércores dará comezo esta quinta edición que se prolongará ata o venres e usara cada día un escenario diferente da vila. Unha das novidades importantes deste Noia Harp Fest será o proxecto de reconstrución das dúas arpas representadas na arquivolta da igrexa de San Martiño, proxecto financiado polo Concello de Noia a iniciativa da Concellería de Cultura, asesorada polo director do Festival, Rodrigo Romaní. Esta arquivolta foi realizada en 1434 e semella unha reminiscencia tardía dos pórticos románicos, dos que a mellor mostra está a tan só 35 quilómetros en Santiago de Compostela, no Pórtico da Gloria do Mestre Mateo. A reconstrución levouna a cabo o luthier galego especialista en arpas Luís Martins. A propia Igrexa de San Martiño acollerá este xoves o concerto do Noia Harp Consort presentando o libro-CD O Uniforme Movemento Divino, editado polo Concello de Noia, no que se recolle a investigación sobre o resto dos instrumentos construídos ao abeiro deste proxecto. O concerto contará con convidados especiais como o músico Abraham Cupeiro López, o cellista Millán Abeledo, o violinista Fernando Docampo e o propio construtor dos instrumentos, Luís Martíns, todos eles acompañados polo Coro Xuvenil do Concello de Noia. O libro-CD O Uniforme Movemento Divino publícase en plataformas dixitais, tanto coma documento coma as gravacións levadas a cabo, coincidindo co evento e está accesible desde a páxina web do festival para a súa descarga.

O festival abrirase ademais coa arpista Alba Barreiro que presenta en formato trío o primeiro traballo discográfico, dedicado á música galega transcrita para arpa pola propia intérprete. En Eixos Cromáticos Alba expón unha proposta novidosa baseada na música de dous grandes da música culta galega de principios do século XX: Andrés Gaos e Xesús Bal e Gay. O Teatro Coliseo Noela acollerá este concerto. A obra está dedicada á transcrición para trío de arpa, frauta e viola de obras pertencentes a estes ilustres compositores galegos. Ata o de agora ninguén adaptara este tipo de repertorio para este instrumento. Hai dous anos empezou a transcrición musical de obras de piano e de orquestra de Andrés Gaos e Jesús Bal y Gay. Foi un minucioso traballo de adaptación de densas partituras orquestrais a un reducido grupo de cámara de tres instrumentos así­ como obras para arpa soa a partir de pezas para piano. Tras varios meses elaborando as partituras arranxadas, comezou a gravar este primeiro traballo discográfico: Eixos Cromáticos con Xulio Abal aos mandos da gravación e acompañada nas pezas de trío por Margarida Mariño no cello e Julia Estévez na frauta. O título do disco móvese arredor do concepto de cromatismo, moi presente na obra de Andrés Gaos e Jesús Bal y Gay mais en dúas liñas moi diferentes: mentres que Gaos utiliza unha harmonía moi cromática e con continuas modulacións, Bal y Gay basea o seu estilo en continuos contrastes tímbricos utilizando a instrumentación e xogos tonais.

O remate da edición deste ano do Noia Harp Fest inclúe outra visión do instrumento máis alá da perspectiva clásica europea, grazas aos sons africanos dun músico orixinario de Gambia, Mbye Ebrima, intérprete de kora, compositor e cantante. Este será o seu primeiro concerto en Galicia, no que estará acompañado pola súa banda e celebrarase na Praza do Tapal de Noia ás 22 horas. Para todos os eventos do festival é precisa a reserva previa.


datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer