Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O ciclo 'Camiño de Cantares' impulsa a publicación de dous libros-cd a presentar en nove concertos

AS PUBLICACIóNS POñEN O FOCO NA MúSICA CREADA PARA O APóSTOLO, QUE CONTA CON HISTORIAS DO CAMIñO OU COMPOSTA EN LOCALIZACIóNS XACOBEAS

O ciclo 'Camiño de Cantares' impulsa a publicación de dous libros-cd a presentar en nove concertos

ANTIGA | setembro 1, 2020

imaxe non dispoñible

O novo ciclo musical 'Camiño de Cantares', levará á editar dous libros-cd que serán interpretados en concerto en espazos relixiosos de localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago. O eixo desta iniciativa é a música vocal, tendo cabida propostas a capella e con acompañamento instrumental. Así mesmo, estas publicacións poñen o foco na música creada para o Apóstolo Santiago, que conta con historias do Camiño ou composta en localizacións xacobeas.As publicacións titularanse Libro de órgano da Catedral de Tui (séc. XVIII) e Libro III de Polifonía (séc. XVII- XVIII) e para contribuír á súa divulgación programáronse un total de nove concertos que se celebrarán en recintos sacros de Celanova, Santiago, padrón Tui, Melide, Ribadavia, Muxía e Oia.

O primeiro título, a cargo do organista Joaquín Barreira, presentarase este sábado na Catedral de Tui ás 20,00 horas. Organizado pola Asociación Ciclo de Música de Barcia de Mera, Camiño de Cantares enmárcase en O teu Xacobeo, un programa de axudas específicas para a dinamización sociocultural do Camiño de Santiago e a promoción do Xacobeo 2021. O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou este novo programa acompañado por Nieves García, da Asociación Ciclo de Música de Barcia de Mera, polo director musical do coro Vox Stellae, Luis Martínez, e polo musicólogo Joám Trillo.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer