Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os premios Rebulir recoñecen a Mercedes Peón e a Fina Calleja

A BANDA DE MúSICA DE VILANOVA DOS INFANTES FOI GALARDOADA POLA SúA TRAXECTORIA

Os premios Rebulir recoñecen a Mercedes Peón e a Fina Calleja

MISCELáNEA | setembro 7, 2020

imaxe non dispoñible

A súa "contribución a difusión e a renovación da música galega dentro e fora de Galicia" valeulle a Mercedes Peón facerse co Premio Rebulir 2020 na categoría musical. A Asociación Rebulir deu a coñecer a listaxe de persoas que recibirán este ano os seus galardóns na vindeira edición do Festival Rebulir prevista entre os vindeiros 17 e 20 de decembro en Ramirás. Canda a Peón, o xurado recoñeceu a Fina Calleja "pola súa traxectoria profesional no eido do teatro e audiovisual, e polo seu compromiso coa cultura de base, en, desde e para Ourense" co premio de Artes Escénicas. Finalmente, a Banda de Música de Vilanova dos Infantes recibirá o premio homenaxe "polo legado cultural na música popular" cando fai 160 anos de existencia.

O Premio Rebulir de Cultura Galega naceu en 2012 "como un recoñecemento a persoas/colectivos que contribúan á difusión e posta en valor da cultura autóctona nas súas diferentes manifestacións". O xurado estivo composto por Isabel Gil Álvarez (Alcaldesa do Concello de Ramirás), Rosendo L. Fernández Fernández (Vicepresidente da Deputación de Ourense), Sandra Quintas Vázquez (Xefa Territorial da Conselleria de Cultura e Turismo), Susana Durán González (Directora Administrativa do FIR), Diego Freire Fernández (Asociación de Actores e Actrices de Galicia) e mais Alejandro Lago Barciela (Gaiteiro e Mestre de Música Tradicional). A entrega do premio farase o vindeiro 19 de decembro ás 19 horas.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer