Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Compostela acolle unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea

MEDIA DUCIA DE CONCERTOS E ESPECTáCULOS FAN PARTE DO PROGRAMA ENTRE O 9 E O 23 DE SETEMBRO

Compostela acolle unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea

CLáSICA/LíRICA | setembro 8, 2020

imaxe non dispoñible

Cinco concertos, un espectáculo de danza e unha exposición sobre novas formas de notación musical compoñen o programa da nova edición das Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela. O Concello acollía onte a presentación desta iniciativa, que se desenvolverá entre o 9 e o 23 de setembro e que a entidade local organiza canda á Universidade de Santiago e o Centro Galego de Arte Contemporánea.

O programa, adaptado ás medidas sanitarias da actual pandemia, comezará cun concerto de TAC (Taller Atlántico Contemporáneo), formación que está a celebrar o seu décimo aniversario. O día 10 será a quenda de Suonosuono, unha formación de saxo e violoncello que aposta polo movemento como elemento central do seu espectáculo. Kukai Dantza, pola súa banda, presenta o día 11 Erritu, montaxe en colaboración co coreógrafo Sharon Fridman na que tamén participa o Coro da Rá.

Vertixe Sonora o día 16, a Banda Municipal de Música, cun percorrido pola tradición musical americana e europea de música de danza o 17, e a Real Filharmonía de Galicia o día 23 a combinar compositores galegos con obras da polaca Grayna Bacewicz completan o programa de actuacións.

En paralelo, o Auditorio de Galicia acolle a exposición Mirar o son, comisariada por Ignacio Barcia e Iñaki Martínez Antelo. Na mesma poden verse "partituras non convencionais que, desde mediados do século XX, amosan novas maneiras de achegarse á notación musical nas que a parte visual colle protagonismo".

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer