Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Coruña presenta o seu plan de reactivación cultural

O CONCELLO PREVé MáIS DE CEN ACTUACIóNS DE ARTISTAS E COLECTIVOS LOCAIS ATA O VINDEIRO 29 DE NOVEMBRO

A Coruña presenta o seu plan de reactivación cultural

MISCELáNEA | setembro 15, 2020

imaxe non dispoñible

O Teatro Rosalía acolleu este 14 de setembro a presentación do programa de actividades culturais que fan parte do Plan de reactivación económica, social e cultural da Coruña (PRESCO). Segundo adiantou a alcaldesa, Inés Rey, o apartado cultural deste plan conta cun orzamento de 300.000 euros co que se programarán máis de 100 actuacións de "grupos, artistas e compañías locais de música, danza, humor, teatro, e infantís" entre o 25 de setembro e o 29 de novembro en 36 prazas da cidade. Para alén desta primeira proposta, o Concello prevé ampliar esta iniciativa "xa que tamén estamos tratando de incorporar aqueles grupos e colectivos que tiñan previstas actuacións ao longo destes meses e que tiveron que cancelar os seus espectáculos como consecuencia da crise sanitaria", explicaba a alcaldesa.

Segundo destacou Rey, esta medida é, co Bono Cultura e as axudas de creación artística, unha das principais medidas a prol da cultura do concello. "Unha iniciativa que ten unha dobre función: apoiar o tecido cultural coa contratación de espectáculos e ao mesmo tempo favorecer o consumo no comercio e na hostalería nos diferentes barrios da Coruña", explicou.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer