Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Dequenvessendo debuta co Canto das xacias

O GRUPO PRESENTA ESTE TRABALLO NO TEATRO ROSALíA DE CASTRO DA CORUñA O VENRES 18

Dequenvessendo debuta co Canto das xacias

FOLK | setembro 17, 2020

canto_xacias_dequenvessendo.jpg

Logo de catro anos de actividade, o grupo folk Dequenvessendo presenta o seu debut discográfico.Canto das xacias achega once tema de composición propia no que o grupo explora, mediante a confluencia de "sonoridades celtas, atlánticas e de raíz" a "lenda dos xacios ou xacias, os seres metade humanos e metade peixes que habitan, segundo o imaxinario popular, no fondo dos pozos e dos ríos galegos". O disco, editado por Xingra e producido por Mirmidón, chega logo do éxito dunha campaña de micromecenado.

Dequenvessendo está formado por Bieito Romero Diéguez (gaita e frauta traveseira), Irene Cerqueiro (vocalista, traveseira e teclado), Pablo Rosales (whistle, zanfona e gaitas), Jorge Salgado (guitarras, bouzouki e teclado), Miguel Ocampo (percusión) e Miguel Rosales(acordeón diatónico e teclado). O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este venres 18 a presentación do álbum, nun concerto no que o grupo contará co baile de Xiao Mogín e Nacho Couselo e colaboracións especiais de diferentes intérpretes do país.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer