Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cantos na Maré trasládase a Santiago e estrea formato

O FESTIVAL DE MúSICAS DA LUSOFONíA INCLUIRá FOROS DE DEBATE, GASTRONOMíA E AUDIOVISUAL ENTRE O 24 E O 26 DE SETEMBRO

Cantos na Maré trasládase a Santiago e estrea formato

MISCELáNEA | setembro 21, 2020

imaxe non dispoñible

Coa nova marca Maré-Música y Artes Atlánticas o Festival Cantos na Maré presentaba este venres 18 de setembro en Compostela o seu novo formato. Logo de quince edicións en Pontevedra, Santiago de Compostela será a nova sede do encontro dedicado á música da lusofonía, que amplía ademais o seu campo de acción a novos ámbitos culturais. A produtora Nordesía, que organiza o evento, adiantou que a cita contará coas seccións MaréLab "un espazo de investigación para apoiar o crecemento da economía creativa", MaréNet, "para situar Compostela como referencia do negocio das industrias culturais", CineMaré, "cunha carteleira audiovisual procedente das culturas atlánticas", GastroMaré, que se define como "un encontro entre cociñeiros e música" e MaréTV, "o apartado audiovisual da plataforma de música Tolemias" que achegará contidos do evento en streaming. O festival, que se integra na marca FEST Galicia, inclúe ademais no seu programa a entrega dos premios da música e da poesía galego-portuguesa aRi[t]mar.

A nivel musical, e a seguir baixo a dirección de Uxía, o programa levará ao Hotel NH Collection as actuacións de Toty Sa’MED, A Pedreira e Pierre-Yves Rougier o día 24. O 25 será a quenda de LaBaq, Faia, Nacho Muñoz e LAR Legido e para o 26 está prevista a gala Cantos na Maré, coa participación de António Zambujo, Sabela, Miguel Araújo e Bifannah.

A organización presenta o novo formato do evento "é un acontecemento cultural, artístico, social e profesional que (re)nace en 2020 en Compostela tras a experiencia de 15 anos de Cantos na Maré. maré emerxe con ese mesmo espírito de sumar e compartir os valores e os talentos dos territorios da fala galego-portuguesa, convertido agora nun océano aínda máis amplo onde desembocan ríos e afluentes con novas correntes tan imprescindibles coma imparables".

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer