Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Coruña achega contidos en liña na plataforma Respira Cultura

O PROXECTO ACHEGA TEATRO, MúSICA, DANZA, CULTURA TRADICIONAL E ACTUACIóNS PARA PúBLICO FAMILIAR

A Coruña achega contidos en liña na plataforma Respira Cultura

MISCELáNEA | setembro 24, 2020

imaxe non dispoñible

Ata o vindeiro 12 de outubro o Concello da Coruña pon en liña 54 actuacións de 47 proxectos no marco da nova plataforma Respira Cultura. O goberno local presentaba onte esta iniciativa, na que realizou un investimento de 100.000 euros e que pretende ser "unha nova ventá á emoción, á ilusión, ás artes vivas e á música ao vivo, cunha programación dixital de actividades culturais aberta, accesible, apta para todos os públicos e que nos quere convidar, de novo, a sentir e respirar a cultura ao vivo". As actuacións que se subirán á rede foron gravadas ao longo de dúas semanas nos escenarios do Fórum Metropolitano, o Centro Ágora e o Pazo da Ópera e estrearanse a razón de 4 ou 5 ao día.

O web conta con apartados dedicados á música, á danza, ao teatro, á programación para público familiar e mais á cultura tradicional. Actuacións como as de Martín Camiña, Títeres Seisdedos, Entremans, Dani Royo, David el cuerdas & K'landrakers ou Canticorum son algunhas das que xa están dispoñibles nesta plataforma.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer