Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Asociacións profesionais da cultura denuncian trato discriminatorio fronte a outros sectores

RECLáMANLLE á XUNTA E áS ADMINISTRACIóNS PROTOCOLOS CONCRETOS ANTE A COVID-19 E EVITAR CANCELACIóNS

Asociacións profesionais da cultura denuncian trato discriminatorio fronte a outros sectores

MISCELáNEA | outubro 7, 2020

imaxe non dispoñible

Oito asociacións profesionais do sector cultural de ámbitos como o audiovisual, a música, a xestión ou as artes escénicas acaban de publicar un manifesto conxunto no que denuncian "un trato discriminatorio con respecto a outros sectores produtivos con máis capacidade de presión" ante a problemática derivada da pandemia de Covid-19. Segundo explican estes colectivos no texto, "a falta de claridade da normativa sanitaria aplicada, xunto coas restricións debidas a novos gromos en zonas localizadas, dificulta enormemente a celebración de eventos nos espazos, traslada á cidadanía unha mensaxe errónea de que a cultura non é segura".

Ante esta situación, reclámanlle á Xunta o establecemento dun "único criterio claro e inequívoco de capacidade de espazos" ademais da equiparación das salas de concertos privadas e espazos con licenza similar "aos espectáculos en espazos pechados, respectando as medidas que rexen para os teatros, o uso necesario de cadeiras e sempre nun horario que, contando o tempo de desaloxo da sala non supere nunca a unha da madrugada" o que permitiría a celebración de concertos neste tipo de locais.

Ademais, estes colectivos advirten que "se están suspendendo espectáculos sen causa xustificada", o que "ten un efecto perverso e multiplicador pois propaga a idea de que a cultura non é segura". Deste xeito, reclámanlle ás Administracións Públicas "que sexan conscientes das gravísimas consecuencias que teñen as cancelacións e aprazamentos nun sector estratéxico como o da Cultura" ao temo que solicitan medidas como cláusulas de cancelación e unha aposta decidida do sector público por estas actividades.

Nunha liña similar o manifesto avogar por manter as actividades culturais no ámbito escolar e reclama a declaración por parte da Xunta da Cultura como ben de primeira necesidade entre outras medidas.

Asinan o texto a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena galega), a Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), a Asociación Galega de Salas de Música (Clubtura), a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (Proxecta), a Asociación Sindical de Profesionais Técnicos do Espectáculo (Tesgal), Músicas ao Vivo (MAV) e mais a Unión de Cooperativas de Galicia (Espazo Coop).

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer