Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Real Filharmonía de Galicia comeza a temporada cunha estrea mundial

A FORMACIóN RETRANSMITIRá POR STREAMING OS 24 CONCERTOS PREVISTOS

A Real Filharmonía de Galicia comeza a temporada cunha estrea mundial

CLáSICA/LíRICA | outubro 8, 2020

imaxe non dispoñible

Alén, a obra coa que o compositor ponteareán Eduardo Soutullo obtivo o Premio de Composición AEOS-Fundación BBVA, celebra na tarde desde 8 de outubro a súa estrea mundial. A Real Filharmonía de Galicia bota a andar ás 20:30 horas a súa temporada 2020-2021 con esta peza, que interpretará baixo a dirección de Paul Daniel. O traballo de Soutullo estará acompañado neste recital por dúas obras do compositor finlandés Jean Sibelius (1865-1957) e mais unha selección de Peer Gynt, de Edvard Grieg.

A formación con sede en Compostela desenvolverá ao longo desta temporada un total de 24 concertos no Auditorio de Galicia "cos aforos que estean establecidos en cada momento" e que se retransmitirán en streaming. O programa anual desenvolverase baixo o lema "Emocións naturais", co que a formación quere reivindicar "o poder da natureza, da vida e do amor a través da música como referentes da nosa esencia como seres humanos, e tamén como fonte de esperanza e inspiración no futuro".

Na proposta inclúense a ópera Orfeo e Eurídice En coprodución con Amigos da Ópera de Santiago, un concerto para celebrar os 25 anos da formación o vindeiro mes de marzo ou tres concertos homenaxe ao recentemente falecido musicólogo José López Calo en Santiago, Ferrol e Ourense. Para alén do traballo de Soutullo, haberá estreas de composicións feitas no país como as que se lle encarregaron Aaron Siebert-Castiñeira, Sofía Oriana Infante e Antón Alcalde, e de traballos internacionais como os de Anna Clyne, Missy Mazzoli e Sofia Gubaidulina, Brett Dean, Fazil Say e Christian Lindberg.

Tamén están previstos catro concertos didácticos para escolares a partir do traballo Pangea de Abraham Cupeiro e mais O grande Beethoven, desenvolvido polo Serviço Educativo da Casa da Música de Porto entre outras iniciativas.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer