Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Concello da Coruña anuncia un plan de apoio económico para salas de música ao vivo

ASINARá COS LOCAIS CONTRATOS DE PATROCINIO PARA A REALIZACIóN DE CONCERTOS ATA FINAIS DE ANO

O Concello da Coruña anuncia un plan de apoio económico para salas de música ao vivo

MISCELáNEA | novembro 5, 2020

imaxe non dispoñible

O Concello da Coruña comunicou hoxe que prepara un novo plan de apoio ás salas de concertos da cidade dotado con arredor de 100.000 euros, para axudar a á súa supervivencia. O peche da Sala Bâbâ Bar e do Forum Célticum de Culleredo, así como os crecentes avisos e accións por parte do sector semellan ter acadado resposta no consistorio herculino. O plan será financiado polo Consorcio de Turismo e impulsado pola área de Cultura que dirixe a alcaldesa, Inés Rey e na que agora se incorpora o músico Rómulo Sanjurjo. A fórmula elixida para apoiar estes espazos de música ao vivo será mediante a sinatura de contratos de patrocinio individuais con cada un deles e cos que se sufragará a realización de concertos e eventos nesta recta final de ano. A intención é que este tipo de negocios, especialmente afectados pola crise sanitaria, poidan terminar 2020 cun balón de osíxeno co que compensar as grandes perdas económicas que están a sufrir polas restricións derivadas da pandemia. Esta novidade irá acompañada dun decreto da Concellería de Urbanismo, en que se permitirá a apertura deste locais para a realización dos eventos programados. En caso de non poder organizalos de xeito presencial, este patrocinio daralles a opción de ofrecelos ao público en retransmisións en liña.

Para a repartición de recursos, terase en conta que as contías lles supoñan a todas elas un colchón económico suficiente como para afrontar o último trimestre.A iniciativa, que xurdiu de Cultura e da propia rexedora, incluirá unha serie de concertos de aquí a decembro por unha cantidade que aínda está por determinar, pero que, en todo caso, se repartirá segundo as necesidades económicas das salas.A prioridade do Goberno de Inés Rey é que a súa colaboración chegue a tempo para aliviar a situación do sector, tanto no referente ás salas de música como ás e aos propios artistas locais e galegos. Para o Goberno local, este novo plan implicará un esforzo importante e con el, confírmase a súa aposta pola cultura desta cidade que está pasando momentos críticos por mor das restricións marcadas para frear a expansión do virus.O Concello indica nun comunicado que suple así "a ausencia de implicación no sector cultural por parte da Xunta de Galicia, o que lles está provocando unha perda importante de ingresos á hostalaría en xeral e ás salas de música ao vivo en particular".

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer