Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Sinsal Outono amosa nas redes o resultado das Microresidencias Verbum

UNHA GALA MUSICAL HOXE DE MúSICOS OURENSáNS E O VINDEIRO FESTIVAL MUSGO TAMéN OPTAN POLAS RETRANSMISIóNS EN LIñA

Sinsal Outono amosa nas redes o resultado das Microresidencias Verbum

MISCELáNEA | novembro 12, 2020

imaxe non dispoñible

As Microresidencias Verbum, o proxecto co que o Festival Sinsal sacou adiante unha edición ‘Outono’ xa están estes días a chegar ata o público pola vía virtual. O pouco normal da situación fixo que tamén a adaptación do Sinsal tivese que facerse dun xeito pouco convencional, sen público, sen que os artistas puidesen actuar nas condicións habituais. Usando as instalacións municipais do Museo Verbum de Vigo unha decena de novos artistas galegos da música a escenografía, artistas e investigadores do son e a imaxe levaron a cabo entre eles uns diálogos escénicos nos que traballaron colaborando durante unha semana. Os froitos desas interaccións está a agora a amosarse ao público do festival a través de vídeos que Sinsal vai publicando na rede. O Colectivo Nononon.Lab + Carlos Suárez + Macarena Montesinos + Yugen Kala + Rubén Abad + Mateo Mena + Elena Vázquez son os nomes artísticos que se sumaron nesta experiencia. O primeiro avance amosa a participación de Carlos Suárez e Macarena Montesinos, e nos próximos días se irán publicando máis pezas de vídeo do proceso creativo.

En Ourense hoxe levarase a cabo unha gala que tamén usará da difusión en liña e que serve de escaparate da escena musical da provincia sudeste. O Centro Cultural Marcos Valcarce acolle hoxe ás 20 horas este evento que se retransmite en directo en liña e conta coa actuación de artistas locais e grupos coma Emilio Rua, Guezos, Habitación Vudú e Iván Caride. A actriz Ledicia Sola conduce o evento.

Tamén en Ourense , o festival MUSGO estreábase o pasado 2019 reunindo a máis de 3000 persoas e buscando consolidarse coma unha referencia musical do outono na cidade, apostando por ofrecer propostas emerxentes, sobre todo da escena independente galega ou internacional. Este ano a segunda edición do evento tivo que cancelar a súa previsión de outubro pero non amosou a fraxilidade da inexperiencia e ven de anunciar que sairá adiante o vindeiro 21 de novembro a través de ofrecer en liña as actuacións correspondentes. Tres concertos exclusivos se transmitirán con acceso aberto neste II MUSGO cada un desde un espazo diferente e incluso un deles desde unha sala dunha capital europea. O cartel artístico e horarios están por confirmar aínda.

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer