Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Asociación de Gaiteiros Galegos analiza a tradición en feminino

O ENCONTRO PODERá SEGUIRSE POLAS REDES E DE XEITO PRESENCIAL ESTE 22 DE NOVEMBRO

A Asociación de Gaiteiros Galegos analiza a tradición en feminino

FOLK | novembro 19, 2020

imaxe non dispoñible

O Concello de Rianxo acolle este 22 de novembro o encontro Tradición en feminino. A Asociación de Gaiteiros Galegos coordina esta iniciativa que pretende "reivindicar o enorme e imprescindible papel que tivo e ten a muller para a preservación e transmisión da nosa riqueza cultural". No programa, que se poderá seguir en liña a través do Facebook do colectivo, Maruxa dos Rosales, percusionista de Rianxo, dará a coñecer a súa experiencia pioneira como parte un grupo de gaiteiros desde os anos 60.

Pola súa banda, Xulia Feixoo impartirá un obradoiro sobre como realizar recollidas de pezas musicais con métodos etnográficos e Mercedes Peón afondará no papel das mulleres como transmisoras da tradición. O coloquio final "Perspectivas de xénero sobre a música tradicional" reunirá a Xulia Feixoo, Mercedes Peón, Noemi Basanta Llanes e Marina Vigo arredor dos temas tratados na xornada.

A Asociación emitiu tamén un comunicado o pasado 13 de novembro a reivindicar un protocolo específico que regule a actividade das escolas de música e baile tradicionais ante as restricións sanitarias polo Covid-19. Segundo denuncia o colectivo, o feito de que as ordes da Xunta neste sentido deixan en mans dos concellos a xestión de locais municipais está a provocar en moitos casos o feche de espazos dedicados a estas actividades.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer