Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O ourensán Daniel Minimalia faise cun Grammy Latino

O SEU áLBUM TERRA RECIBIU O GALARDóN AO MELLOR TRABALLO INSTRUMENTAL

O ourensán Daniel Minimalia faise cun Grammy Latino

FUSIóN | novembro 20, 2020

imaxe non dispoñible

O músico ourensán Daniel Minimalia conseguiu o triunfo nos XXI Premios Grammy Latinos. Na gala destes galardóns internacionais, que se celebrou na noite deste 19 de novembro en Miami, o seu álbum Terra revelouse como mellor traballo instrumental do ano. Minimalia, que xa optara a este premio en 2017, lanzou en abril deste 2020 o seu novo disco coa discográfica Larrosa, a afondar na súa exploración da world music e a incorporar aires de Sudamérica ás súas composicións. Como novidades no álbum, o músico integrou por vez primeira voz a algún dos seus temas ademais de contar con colaboracións musicais, xa que ata o momento era o propio Minimalia o responsable de todas as interpretacións dos seus traballos.

O ourensán competía nesta categoría con Leo Amuedo, Caetano Brasil, Compasses e Yamandu Costa con Marcelo Jiran. Estes premios estadounidenses recoñecen os mellores traballos musicais en español e portugués do ano.

Flor de leyenda, primeiro single de Terra

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer