Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Estudantes de Comunicación Audiovisual fan un programa televisivo en Internet sobre o sector cultural

#SOMOS CULTURA XA PRESENTOU EN YOUTUBE A PRIMEIRA DAS SúAS TRES ENTREGAS

Estudantes de Comunicación Audiovisual fan un programa televisivo en Internet sobre o sector cultural

MISCELáNEA | decembro 3, 2020

imaxe non dispoñible

Afondar nos efectos que a crise provocada pola covid-19 está a ter nas industrias culturais galegas e dar a coñecer como os diferentes axentes do sector "tratan de sobrevivir e evolucionar nunha contorna tan hostil". Estes son, como sinalan os seus responsables, os principais obxectivos de Somos Cultura, un serie de programas televisivos realizados por alumnado do grao en Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo que difunden a través de Youtube. Segundo informa o Duvi, o proxecto, no que participan 18 alumnos e alumnas, insírese nas actividades da materia Guión, Produción e Realización, que imparte o profesor Paulino Pérez e ten como obxectivo enfrontar ao estudantado á realización "dun programa de televisión, cun formato tipo magazine”, que, sinala, á súa vez, permítalles afondar na situación “dun sector que neste momento o está pasando mal e que ademais é tamén o seu, o da cultura". Ademais dos videos en YouTube manteñen presenza nas redes sociais con perfís en instagram, Twitter, Facebook e Tik Tok.

Coa colaboración, como presentadora, da titulada en Comunicación Audiovisual, reporteira televisiva e cantante Fátima Pego, Somos Cultura estreou este mércores o primeiro dos seus tres programas. Nel, abordan a situación que, neste contexto de crise sanitaria, atravesan as orquestras, as salas de concertos, o sector audiovisual e a danza. A actriz Raquel Meleiro; o cantante e responsable da Orquestra Panorama; Lito Garrido; a produtora audiovisual e docente Beli Martínez ou os responsables da sala de concertos La Fábrica de Chocolate e da escola de danza MediaPunta de Vigo son algúns dos protagonistas deste primeiro programa.



O propósito é difundir nas próximas semanas dúas entregas máis deste programa. Ao mesmo tempo, explica Paulino Pérez, "a idea que temos é publicar a vindeira semana algunhas das entrevistas que compoñen a reportaxe de maneira independente" e cunha maior extensión. Polas vindeiras entregas de Somos Cultura está previsto que pasen compositores, cantantes, grupos musicais, estudos de gravación, actrices e actores, responsables de escenografía ou profesionais da dobraxe.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer