Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ith fan un disco de balance vital en código rock con 'Frear o momento'

O TERCEIRO áLBUM DE ESTUDIO DOS DE XANCEDA XA ESTá DISPOñIBLE

Ith fan un disco de balance vital en código rock con 'Frear o momento'

ROCK | decembro 21, 2020

ith_frearomomento.jpg

Xa está dispoñible nas plataformas dixitais e á venda en formato físico Frear o momento (Rocket Music), o novo traballo longo da banda de rock Ith. Gravado coma o anterior en Abrigueiro Estudios (Friol, Lugo), este é o terceiro disco de estudio dos de Xanceda (Mesía) dous anos despois de O mínimo que o contén todo (2018) e ofrece oito temas novos, algúns con aires pop-rock pero en xeral de rock enérxico, con claras raíces de heavy metal en forma de longos punteos que buscan os límites, riffs ferroviarios e descargas de músculo cunha percusión poderosa e a presenza de voz ben asentada de Lucía da Fonte, que tamén escribe os temas.

Frear o momento é un disco moi enfocado no balance vital, que conta historias baseadas nas vivencias persoais e nas perspectivas que se van adquirindo co percorrido dun grupo que xa ten máis de quince anos de actividade no rock en galego. Así podemos ver temas con letras moi dedicadas ás decisións que se van tomando e ao paso do tempo coma o que dá título do álbum, ou 'O destino' e 'Sen mirar atrás', ou coma 'Aloumiños que festexan', o tema que abre o disco inspirado no impacto da chegada de cativos á vida dos adultos. Tamén hai lugar nesas letras para a crítica con mensaxe social coma en '(Des)estimativa'. En xeral, coma eles mesmo din, son "oito historias que collen nun andel e que ben merecen ser contadas". Ith son, ademais de Lucía da Fonte, Alberto Vilas (batería, .Miguel Iglesias (guitarra), Toxo (guitarra) e Gonzalo Suárez (baixo).

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer