Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Turnes e Casquero apostan polo son ao vivo en Fidelio 85

O DúO GRAVOU O SEU PRIMEIRO TRABALLO NO PUB BORRIQUITA DE BELéM

Turnes e Casquero apostan polo son ao vivo en Fidelio 85

JAZZ/BLUES | xaneiro 15, 2021

fidelio85_turnes_casquero.jpg

Javier Turnes, voz e guitarra da Bakin Blues Band e Alejandro Casquero, piano da mesma formación, estréanse como dúo con Fidelio 85. A partir dos seus instrumentos, Turnes e Casquero amplían repertorio e integran, a partir do blues versións de temas de soul, gospel e baladas, nunha aposta que gravaron ao vivo no pub compostelám Borriquita de Belém en decembro de 2019 logo de cinco anos de recitais por salas de todo o país. Unha aposta que xorde "da nudez e da intimidade dun pequeno formato" mais que "propón a potencia do directo dunha banda" para "pór sobre a mesa, sen adornos, aquilo que consideran máis verdadeiro e excitante do blues". O dúo anuncia a súa intención de continuar percorrido a desenvolver un novo álbum de temas propios.





datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer