Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As IX Xornadas sobre o Entroido de Galiza celébranse en liña

O CONCELLO DE LUGO RETRANSMITE POLA REDE OS SEIS CONCERTOS DO CICLO ENTROIDEANDO

As IX Xornadas sobre o Entroido de Galiza celébranse en liña

MISCELáNEA | febreiro 10, 2021

imaxe non dispoñible

Dez conferencias en liña sobre diferentes aspectos das festas de máscaras tradicionais compoñen as IX Xornadas Sobre o Entroido de Galiza. Entre os días 12 e 21 de febreiro o Facebook da Sociedade Antropolóxica Galega achegará un relatorio diario a cargo de especialistas como Lidia Mariño, Carlos Ares, José Luís Cardeo, Roberto de la Torre, Emi Cagiao ou Rafa Quintiá. Festas como as de Samede, o Courel, Manzaneda e Nergha, ou o carácter simbólico de diferentes animais como vacas e porcos nestas celebracións trataranse nas distintas sesións.

En Lugo apostan tamén polo formato en liña para os seis concertos que compoñen o ciclo Entroideando. Os grupos locais Atlántica, FruitJuzz, Mixtape, Wireless, Wicked World e Rachel & The Blue Batons desenvolverán as súas actuacións entre o 13 de febreiro e o luns 15 deste mes en sesións ás 13 e ás 20.30 horas.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer