Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O café Torgal programa en liña un ciclo de concertos

O CANTAUTOR EMILIO RúA REPASA VíA YOUTUBE O SEU úLTIMO TRABALLO DISCOGRáFICO

O café Torgal programa en liña un ciclo de concertos

MISCELáNEA | febreiro 12, 2021

imaxe non dispoñible

Coa intención de que a música ao vivo non pereza pola pandemia, o Café & Pop Torgal de Ourense anunciaba esta semana a posta en marcha Venres, un ciclo de concertos en liña. As plataformas Youtube e Twitch acollerán cada semana, entre o 19 de febreiro e o 2 de abril ás 10 da noite as retransmisións ao vivo destes recitais. Yana Zafiro, Capricornio 1, Valdivia, Marcelo Criminal, Ghoul Jaboy, Tarta Relena e Albany protagonizan o programa. As persoas asistentes poderán contirbuir co local mediante doazóns a través das propias plataformas de retransmisión.

Tamén desde Ourense, o cantautor Emilio Rúa retransmitirá este 13 de febreiro a partir das 19 horas un recital ao vivo. Youtube acollerá o concerto, no que o autor repasará o seu último álbum de duetos ademais de rescatar diferentes temas da súa carreira. As entradas para o evento poden adquirirse por dez euros.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer