Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Orquestra Galega de Liberación leva a improvisación ao disco

O PROXECTO PRESENTA O SEU PRIMEIRO áLBUM CON DEZ TEMAS GRAVADOS AO VIVO

A Orquestra Galega de Liberación leva a improvisación ao disco

MISCELáNEA | febreiro 18, 2021

orquestra_galega_libertacion_capa_1.jpg

O traballo de dezaseis músicas e músicos a improvisar baixo a dirección de Xacobe Martínez Antelo, rexistrado ao vivo na forma de dez temas. Este é o contido do primeiro álbum da Orquestra Galega de Liberación, unha formación que se deu a coñecer o pasado mes de setembro de 2020 en Compostela no marco do Festival de Artes Performativas Plataforma. Segundo explica a presentación do álbum, do mesmo nome que a banda, "toda a música deste concerto foi improvisada no momento e composta a tempo real mediante técnicas de improvisación dirixida. Ningún material viña pactado, aprendido, ou composto previamente. O noso primeiro disco é o concerto íntegro de principio a fin". A formación reúne nomes chegados do jazz, a música clásica ou a performance, como Max Gómez, LAR Legido, Javier Pereiro, Olivier Cano, Xosé Miguélez, Sheila Patricia, Elena Vázquez ou Macarena Montesinos.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer