Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Néboa afonda na fusión con A realidade enganosa

O PRIMEIRO áLBUM DO QUINTETO DE CATOIRA CHEGA EN FORMATO VINILO

Néboa afonda na fusión con A realidade enganosa

FUSIóN | febreiro 22, 2021

realidade_enganosa_neboa.jpg

Logo de o presentar en BandCamp, está a saír do prelo este mes de febreiro a edición en vinilo de A realidade enganosa, primeiro álbum dos catoirenses Néboa. O quinteto formado por Aloia López Ferro, Jacobo García Lafuente, Tomás Porteiro Abuín, Sandra Pérez Míguez e Lucas M. Suárez de Centi afonda na aposta por unha fusión sen límites logo de varios EPs e singles. Indietrónica, música tradicional galega, poesía elíptica, jazz de vodevil, pop alternativo, canción de autor e pop internacionalista son influencias que a banda reivindica na presentación do seu traballo, que conta con dez temas cos que "compoñen un cadro de puro minimalismo pop, con trazas que nos levan ata o pop alternativo máis experimental e sons que repiquetean no máis fondo da canción de autor tradicional".

Brais Ruibal, Hevi e Lucas de Centi correron coa produción duns temas que se gravaron entre o Náutico de San Vicente, o Laboratorio Soyz de Trazo e a propia casa de Ruibal. O álbum sae baixo o selo de Raso.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer