Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Diego Salgado presenta 'Growing strong' o seu primeiro disco en solitario

O áLBUM DE NEOSOUL XA ESTá NAS PLATAFORMAS DIXITAIS

Diego Salgado presenta 'Growing strong' o seu primeiro disco en solitario

HIP-HOP | marzo 22, 2021

portada diegosalgado.jpg

O actor e músico betanceiro Diego Salgado é un tipo inquedo ao que lle custa parar a pesar das circunstancias que lle veñan, así que no medio desta pandemia, ante a obriga de cesar a súa actividade, gravou o seu primeiro disco en solitario, Growing strong (ONMEproductions), que ven de colocar nas plataformas dixitais esta mesma fin de semana.

Vocalista, multiinstrumentista e compositor, Salgado leva xa case trece anos enriba dos escenarios con diferentes formacións. Con 17 anos ingresou nas filas de grupos da súa vila, coma a Qando Vand ou Razza. Anos despois en Compostela forma bandas coma Poesía Canalla ou Mojo Experience, coa que segue actualmente, así coma con grupos tan dispares coma Eucaria (cuarteto de rock progresivo) e Udra (neosoul, funk). En Growing strong Diego afonda en moitas das músicas que o influíron dende pequeno, blues, soul, hip hop, etc. O álbum consta de 9 pistas de autoría propia coproducidas por ONME xunto co propio Diego Salgado e publicado baixo o selo Discográfico ONMEproductions. Trátase dun álbum en inglés, cun xénero principal de Neosoul onde atoparemos algo de hip hop, rap, disco, R&B, Spoken Word e Dancehall. Comnta coas colaboracións da súa propia banda Eucaria, así coma de outras arTistas coas que ten traballado nos escenarios, coma High Paw, Sheila Patricia ou Pau Castiñeira.

datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer