Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Guadi Galego gaña o certame 'aRi[t]mar galiza e portugal' á canción galega

O CONCURSO CONTOU CON MáIS DE CINCO MIL VOTACIóNS PARA ELIXIR AS MELLORES CANCIóNS LUSAS E GALEGAS DE 2020

Guadi Galego gaña o certame 'aRi[t]mar galiza e portugal' á canción galega

POP | marzo 24, 2021

imaxe non dispoñible

Os máis de cinco mil votos do público emitidos no certame 'aRi[t]mar galiza e portugal' promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela determinaron que a canción de Guadi Galego Cólico é a gañadora polo mellor tema musical galego publicado en 2020. A canción da artistas de Cedeira forma parte do seu último lanzamento discográfico, Costuras. Esta edición contou coa participación popular máis alta de todas as do certame. O tema Quase Dança da lusa Cláudia Pascoal, foi o gañador en canto ao relativo ás musicas portuguesas no certame. Os seguintes temas galegos máis votados, foron os de Xoana por Anceios e o terceiro foi Pasei pola túa porta de Os D’Abaixo. No relativo ás músicas portuguesas os postos segundo e terceiro nas votacións foron para os temas Outras Línguas, de Bárbara Tinoco e para Miguel Araújo con A Incrível História de Gabriela de Jesus.

Estes premios, xunto cos de poesía que se poderán votar desde mediados de abril até mediados de maio, e o do embaixada da amizade, entregaranse a artistas e poetas gañadores na Gala aRi[t]mar 2021 en outono. Ademais das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da USC, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Conservatorio Profesional de Música de Santiago, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camões, os centros do Ensino Português pelo Camões na Galiza e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior, ben como centros de ensino secundario de fóra de Galiza en que se imparte galego.



 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer