Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O proxecto Rosalía Cantada bota a andar cun primeiro disco

ELISEU MERA E CáNDIDO CABALEIRO INTERPRETAN OBRAS DE DISTINTOS COMPOSITORES SOBRE TEXTOS DA POETA

O proxecto Rosalía Cantada bota a andar cun primeiro disco

CLáSICA/LíRICA | marzo 25, 2021

Rosalia_Cantada_1_capa.jpg

Este 26 de marzo a sede da Fundación Rosalía en Padrón acolle a presentación de Rosalía Cantada (vol. 1 Música clásica). O barítono Eliseu Mera e o pianista Cándido Cabaleiro interpretarán ao vivo os temas desde traballo discográfico, nos que recrean pezas realizadas por compositores clásicos e contemporáneos como Xoán Montes, Xosé Baldomir, Antón García Abril, Juan Durán, Octavio Vázquez e Fernando Buide a partir da obra de Rosalía de Castro.

O álbum, xa dispoñible en plataformas dixitais, conta cun total de doce poemas musicados na forma de lieds ou cancións cultas, unha forma moi popular desde o século XIX no que se procura a unión entre voz e piano a interpretar poesía e música. Segundo apunta a Fundación, promotora desta iniciativa "a maior parte destas pezas rosalianas non están gravadas ou aparecen rexistradas de maneira dispersa".

O traballo foi gravado ao vivo o pasado 14 de novembro no Auditorio de Galicia, da man do enxeñeiro de son Pablo Barreiro. O proxecto conta co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, e mais do do Concello de Santiago, o Concello de Valga e a Radio Galega.

Segundo explica a Fundación Rosalía, este é só o primeiro álbum dun proxecto que pretende "reunir e poñer a disposición do público galego (e non só) a obra musical creada a partir dos poemas rosalianos, sobre todo no caso da música clásica, dado que a maioría das pezas non están gravadas ou aparecen rexistradas de maneira dispersa".

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer