Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Verto publica Embora, o seu segundo álbum

O TECHNOPOP MARCA OS CATORCE TEMAS DO PROXECTO, DISPOñIBLE íNTEGRO NA REDE

Verto publica Embora, o seu segundo álbum

POP | abril 9, 2021

embora_verto.jpeg

Este nove de abril chegaba ás redes Embora, o segundo traballo do dúo Verto. Berto Mira e Fer Peleteiro afondan na súa aposta de technopop sen complexos, con frontes influxos dos anos 80, en catorce novos temas nos que o desamor marca o ton de moitas letras. Como contrapunto, ritmos alegres, toques funky como os de Que pensas?, solos de guitarra e autotunes manteñen o ton luminoso de temas como Quérote atopar ou Como Son Goku. Gravado na casa e autoeditado, o álbum foi masterizado por Cem Oral en Jammin’ Masters. Todos os temas están dispoñibles na rede en plataformas como Youtube ou Spotify. O grupo presentará o álbum o vindeiro 21 de abril cunha actuación no ciclo Lugo Cultural.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer