Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A República Musical Mardi Gras presenta un disco solidario con achegas de 20 bandas e artistas

A RECADACIóN DAS VENDAS DEDICARASE A UN FONDO DE EMERXENCIA PARA PROFESIONAIS DO SECTOR MUSICAL

A República Musical Mardi Gras presenta un disco solidario con achegas de 20 bandas e artistas

MISCELáNEA | abril 15, 2021

Portada Cd da Republica Mardi Gras.jpg

Ata 20 bandas e solistas están presentes no disco que ven de editar e presentar a Asociación Cultural República Musical Mardi Gras. Todas elas cederon de balde unha canción orixinal para formar parte deste CD cuxa recadación será destinada a crear o Fondo de Anticipos Republicanos, un sistema de adianto de cartos a profesionais do sector da música que pretende funcionar ao longo do tempo para axudar a aqueles que vexan que os pagos van chegar tarde e precisen os cartos con urxencia. As mil primeiras copias do disco editáronse grazas as cotas de socios da asociación, que xa vai polos 500 asociados, e outras achegas. O disco foi masterizado en A Coruña pola empresa local Microrec e contou co deseño gráfico de Isaac Peces, tamén Dj. que visita con frecuencia o circuito de salas galegas. A variedade musical é unha das características do Cd que comeza coa rockeira Arriba Coruña de La Banda del Camión e péchase con Mardi Café, de Las Antonias, homenaxe á sala Mardi Gras.

Ademais deles dous, o disco inclúe temas de 7 Puertas, Superfuzz, Vincent Black Shadow, Dagla, Tunduru, Elman, Punk para Perretes, Furacán, Cloaca, Mar de Fondo, Zénzar, Apolo Colective Club César de Centi, Silvia Penide, Paris Joel, Devalo e Zabala. O cadernillo do disco inclúe ademais unha imaxe de homenaxe ao falecido Jaime Manso, de discos Portobello, animador esencial da escena musical coruñesa durante anos. O disco, que xa está dispoñible en oito puntos de venda da cidade herculina, foi masterizado en A Coruña pola empresa local Microrec e contou co deseño gráfico de Isaac Peces.

Proxectos a prol de salas e músicos
A edición deste disco é a segunda acción efectiva desta asociación creada para impulsar otod tipo de actividades culturais e, neste momento en concreto, apoiar o sector da música en directo e as salas de concertos. A súa primeira acción foi a entrega dun cheque de fondos de emerxencia a algunhas destas salas pechadas polas restricións da pandemia para que puidesen facer fronte aos seus gastos. Ademais diso ten en marcha un certame literario propio de relatos breves, con vistas tamén na edición do libro e entre os seus proxectos está incluso organizar a promoción de concertos con financiamento dos socios. A presentación, onte no Palco da Música da Coruña, serviu tamén para apoiar unha reivindicación do sector que xa ven de longo. O sector considera positivo que se aprobe un regulamento municipal no que terían cabida salas de concertos, salas de teatro, de exposicións e librarías con programación de eventos regular que outorgase o recoñecemento de "Espazos de Interese cultural e turístico da Coruña" a aquelas salas e espazos que cumpran unha serie de requisitos e leven anos mantendo un compromiso coa cultura.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer