Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Caamaño & Ameixeiras botan 'Aire!'

O DúO PRESENTA O SEU PRIMEIRO TRABALLO DISCOGRáFICO

Caamaño & Ameixeiras botan 'Aire!'

FOLK | abril 20, 2021

Aire_caamano_ameixeiras.jpg

Aire! é o nome do primeiro disco de Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras, dúo que baixo o nome Caamaño & Ameixeiras veñen mantendo actividade musical desde 2018. O traballo conta con produción do músico burgalés Diego Galaz, e con colaboracións tan destacadas como Sílvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo Martín, Apel•les Carod ou El Pana. O disco xa está dispoñible para adquirilo a través da súa web e veñen de lanzar o seu primeiro tema en videoclip, Florencio. O título fai referencia á figura imprescindible de O cego dos Vilares, creador e transmisor de músicas e historias populares que facía nacer do seu violín e da súa gorxa, e que espallaba despois polas aldeas e montañas da Fonsagrada. O vídeo é "unha homenaxe á tradición, ao popular, ás raíces. Ao poder e á verdade do simple e do auténtico".

Nos seus once temas, Aire! presenta composicións propias do dúo de violín e acordeón e arranxos sobre músicas populares tendo sempre a Galicia como punto de orixe e retorno e poñendo en evidencia a irmandade entre tradicións con outras xeografías. Así, este Aire! percorre lugares distantes, desde os confíns de Europa ata o outro lado do Atlántico, pero cerca en esencia. É tamén unha viaxe de emocións, desde o íntimo ao explosivo. As artistas ven nel "unha invitación a bailar e a cantar" e o seu nome representa "un berro exaltado, entusiasmado, de explosión e catarse colectiva. Unha celebración do sensorial". O dúo defenderá o novo traballo nos seus vindeiros concertos, que arestora están programados o 17 de maio en Ponteceso, como parte do Festiletras e en Barcelona o 5 de xuño, no Caixaforum.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer