Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Os Resentidos presentan o primeiro disco de temas novos en 28 anos

'ORGANIZACIóN NAUTILUS' DEVóLVENOS A LIñA DE CRITICISMO BAILABLE DA BANDA FUNDACIONAL DO ROCK EN GALEGO

Os Resentidos presentan o primeiro disco de temas novos en 28 anos

FUSIóN | abril 22, 2021

disco_organizacionNautilus_Resentidos.jpg

Case 40 anos despois da súa formación (1982), Os Resentidos volven a presentar un disco de estudio, o primeiro desde Están aquí (DRO, 1993). Organización Nautilus (Altafonte) é o nome deste traballo que ven de ser lanzado onte e do que se foron amosando os primeiros videoclips nos meses pasados. Nautilus e Outro día máis sen ir ao mar (vídeo baseado nos debuxos do neno Anton Romero, un artista de 14 anos con Transtorno do espectro autista) son os títulos destes avances que xa deixan claro o aspecto da ollada cara o mar deste traballo moi apegado á súa cidade de orixe, Vigo, e ao imaxinario de Julio Verne e o seu Nautilus tamén relacionado coa cidade, ademais de parecer tamén nas súas letras a circunstancia pandémica e unha ollada crítica sobre cuestións da actualidade social e política.



A banda, pioneira do rock en galego, desfixérase nos anos noventa pero co novo século xa ben entrado, fai dez anos, volveron á actividade montando o espectáculo musical Galicia Canibal. De Organización Nautilus tamén están dispoñibles en plataformas outros temas que a banda foi sacando durante este ano, nos que a banda mantén a liña característica na súa traxectoria, de achegar a súa propia visión sobre a actualidade social e política a ritmos bailables, coma no tema Cumbia do Botafumeiro, con referencias ao propio Xacobeo ou unha versión dun tema dos Bestie Boys sobre o poema de Rosalía A xustiza pola man. A formación xa ten na súa axenda canda menos un concerto dentro do ciclo Terraceo do Auditorio Mar de Vigo o vindeiro 22 de maio.



datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer