Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Chicharrón presentan o novo disco 'Unha fogueira intacta'

O TRíO DE CARBALLO AFONDAN NA ELECTRóNICA MáIS ESCURA NO SEU CUARTO TRABALLO LONGO

Chicharrón presentan o novo disco 'Unha fogueira intacta'

ELECTRóNICA | abril 23, 2021

fogueira_chicharron.jpg

Na vaga de novidades discográficas que están a chegar estes días, froito do intenso traballo creador dos artistas ao abeiro do confinamento o grupo Chicharrón tamén engade a súa propia achega cun novo traballo discográfico que, no seu caso, entra dentro das habituais dinámicas de produción do trío a álbum por ano. Unha fogueira intacta, editada co selo ferrolán Ferror Records, é o seu cuarto disco longo tras Cancións clínicas (Prenom, 2018) e está dispoñible para a pre-venda en vinilo ademais de nas plataformas dixitais.



O álbum inclúe once temas, con todas as letras en galego e escritas por Alberto M. Vecino agás Highway to heaven, poema escrito por Yolanda Castaño, contido no libro O puño e a letra (Xerais, 2018). Coma no anterior traballo os carballeses manteñen un pulso electrónico de ambientes escuros con fugaces chispas pop, que nalgúns momentos tornan apocalípticos neste traballo, sempre cun nivel de exquisitez polo mínimo detalle. A inclusión de sons ambientais, e mecánicos actúa sempre coma un hábil aditivo potenciador das sensacións a crear en cada tema. Talvez sexa o tema de peche do álbum, Xogando nunha praia de entullos o que deixa un pouso máis vitalista e aberto para rematar a escoita nel.

O disco foi producido por Rubén Domínguez e gravado no Estudio Terraforma do Hío, en setembro do 2020 a pesares de que moitas das gravacións individuais fixéronse noutros lugares e foron incorporadas en estudio. Chicharrón, na actualidade en formato de trío conformado por Alberto M. Vecino, Rubén Domínguez e Mar Catarina contou para este traballo con numerosas colaboracións coma a de Rosalía Fernández Rial (acordeón) Sara Iglesias (saxo), Xiana Arias, Berio Molina e Marco Maril. O resultado final foi masterizado por Cem Oral en Jammin Masters, Berlín, en xaneiro.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer