Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / The Soul Jacket teñen novo disco e datas para presentalo en concerto

A BANDA VIGUESA LEVARá 'LET ME STAND' AO ESCENARIO DO AUDITORIO MAR DE VIGO EN XUñO

The Soul Jacket teñen novo disco e datas para presentalo en concerto

ROCK | maio 3, 2021

TSoulJackets_LetMeStand.jpg

Os vigueses The Soul Jacket veñen de presentar o que é o seu quinto disco, Let Me Stand. do que xa teñen datas para presentalo en concerto este mesmo mes de maio comezando no País Vasco o 28 de maio para tras pasar por outras localidades españolas, volver ante o seu público vigués o vindeiro 11 de xuño dentro do ciclo TerraCeo do Auditorio Mar de Vigo. O novo álbum introducido coma "unha intrincada paisaxe" con "capas e capas de placer sonoro e sinérxico, moi variadas connotacións e influenzas" ofrécenos talvez o repertorio máis funk da banda viguesa de toda a súa traxectoria. Tras transitar en anteriores traballos moi decididamente pola Americana, o country-rock, o Rythm &Blues e a psicodelia, este Let me stand, sen renunciar aos sinais de identidade da banda, engade no seu percorrido unhas composición máis funks, o tema que dá título ao álbum por exemplo, así coma outras moi achegadas ao neo soul, coma en Declaration of Intentions. Na instrumental Zeit Im Tiefen Wald, transitan pola psicodelia electrónica a base de sintetizadores, incluíndo así un espazo de contrapunto na escoita do disco.



A particular voz de Toño López mantén en todo momento a altura de cada un dos temas, por moi diferentes que sexan, ao que hai que engadir un magnífico traballo de teclados (Xabier Vieitez) e arranxos de ventos (Diego Alonso e Jorge Mizer). Neste quinto disco ademáis mantéñense nalgúns temas as longas instrumentacións, os solos de guitarra psicodélicos e aires de rock progresivo moi presentes aquí coma na anterior traxectoria da banda viguesa. En total nove temas, cantados en inglés como é habitual da banda, componen este disco, que se ofrece xa en plataformas e ademáis está disponible para a venda nun formato digipack de edición limitada. O álbum foi gravado entre agosto de 2020 e xaneiro de 2021 en Radar Estudios (Vigo).

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer