Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Eloi Caldeiro presenta o seu disco de homenaxe a Xela Arias

O EQUILIBRIO DOS TIGRES LEVA AOS SONS DO ROCK DEZ POEMAS DA AUTORA

Eloi Caldeiro presenta o seu disco de homenaxe a Xela Arias

ROCK | maio 19, 2021

equilibro_tigres_arias_caldeiro.jpg

Dez poemas tirados dos poemarios Denuncia do equilibrio e Tigres coma cabalos compoñen a homenaxe que Eloi Caldeiro lle presta a Xela Arias. O músico de sarria acaba de lanzar no selo Sons Galiza e no marco da colección "O son da palabra" o álbum O equilibrio dos tigres. O músico apostou por rock e pop con sonoridades dos anos oitenta ou polo blues para adaptar os versos da autora celebrada no Día das Letras Galegas. O proxecto, que conta co apoio do Concello de Sarria e da Consellería de Cultura, conta cunha tiraxe de 1.500 exemplares que saen á venda en formato libro-CD. Caldeiro realizou a adaptación e gravacion dos temas en apenas dous meses.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer