Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / 'Grande Amore' presenta álbum debut homónimo

NUNO PICO DALLE UNHA VOLTA NOVA AO POSTPUNK EN GALEGO DESDE A PERSPECTIVA MáIS PERSOAL

'Grande Amore' presenta álbum debut homónimo

ROCK | maio 21, 2021

Grande-amore-portada-disco-1536x1536.jpg

Hoxe é o día de presentación oficial do álbum íntegro de debut de Grande Amore, nome artístico de Nuno García Pico para a súa proposta musical persoal máis alá de formar parte do grupo Oh! Ayatolah. O do Valadouro puxo título homónimo a este primeiro traballo no que reúne as cancións que xa leva un tempo presentando con outras a maiores ata completar os nove cortes do disco editado por Ernie Records. Nove cancións de calado post-punk, electrónicas e industriais que se sitúan conscientemente no rock underground e que que consegue darlle unha volta nova desde unha perspectiva moi persoal a unha postura musical e narrativa herdeira directa dalgunhas das propostas máis alternativas dos oitenta.


A nivel sonoro guitarras contundentes, sintetizadores rozando o Tecno-pop, manipulacións da voz e outros recursos levan a un deseño musical bailable, potente e escuro en digno acompañamento dunhas letras directas cheas dun existencialismo cotián rabioso que sinala sen pudor nin reviravoltas contradicións e medos do día a día ("tou pensando en falarche, sempre o penso moito e despois xa é tarde", Tou pensando), sacando contradicións, frustracións e sucesos a un nivel de vida de rúa trazando con desgarro un retrato da contemporaneidade desde os retrousos repetitivos e o descaro: "Pode joderche e podes negalo, pero hai algo que che gusta de min" (Perdón por ser tan sexy)

Segundo a comunicación feita pública por Ernie Records, para Nuno este traballo representa a súa propia vida "resumida en 30 e poucos minutos", di, "ten todas as miñas alegrías e as miñas penas, todo o duro, todo o romántico e todo o escuro que levo dentro de cada día, para ben e para mal". Nuno, que se atopa autodefinido por estes 9 temas, describe este Grande Amore, máis alá de outras etiquetaxes coma un disco de Rock & Roll. Malia todo é innegable a actitude punk tan patente nas letras e retrousos, cun certo desprezo por unha seriedade imposta desde fóra para decantarse por aquilo que realmente lle importa ao artista con total honestidade, entre a vulnerabilidade e a potencia más rabiosa.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer