Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / As Efémeras debutan desde Redondela con música de proximidade

BASES TRADICIONAIS ATóPANSE CON TEXTOS CONTEMPORáNEOS E REIVINDICATIVOS NESTE PROXECTO

As Efémeras debutan desde Redondela con música de proximidade

FOLK | xuño 9, 2021

as_efemeras_capa_2021.jpg

"Música para escoitar, danzar e reflexionar. Música comunitaria. Inspiración poética e política de quilómetro cero: desde Redondela para o mundo". Así se presentan As Efémeras, un grupo que debutou ao vivo no verán de 2020 e que acaba de lanzar o seu primeiro traballo, co mesmo nome da formación. O CD autoeditado achega trece temas con "letras de intelixencia racional e emocional. Composicións novas e frescas con inspiración nas músicas populares. De Galiza e Portugal. Musicas lixeiras e contundentes. Bailables, mais que dan que pensar".

Letras de retranca poética e combativa atópanse con instrumentacións nas que percursión tradicional, guitarras, ventos e acordeóns combínanse con ecos bravús, recitados ou efectos sonoros con abondosas referencias contemporáneas. O disco recolle unha selección de temas como Namorare, "un paseo por oito das trece parroquias de Redondela, co amor como fío condutor". Chora o mar, "un alegato contra a contaminación, da terra e do mar, e un chamado a un novo mundo, máis respectuoso co medio ambiente" ou Rock residente resiliente.

No grupo, Fon Conde, Olga Nogueira, Berto Covelo, Claudia Sánchez, Paqui Crespo, Irene Campelos, Xerardo Carbia e a colaboración especial de Pedro Pérez preséntanse como "artistas e activistas culturais de Redondela, comprometidos coa ecoloxía, a cultura e a fala do país".






datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer