Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / ARiMagritte preséntase en disco longo con 'Oráculo'

A VIGUESA OFRECE TRECE TEMAS INTIMISTAS NESTA COLECCIóN DE CANCIóNS ESCOLLIDAS DOS PASADOS OITO ANOS

ARiMagritte preséntase en disco longo con 'Oráculo'

CANTAUTOR | xuño 24, 2021

ARiMagritte_Portada.jpg

A viguesa Arancha Vilas asina música co nome artístico ARiMagritte desde 2013, unha traxectoria asentada tanto en directos como artista residente nas salas El Contrabajo e La Fábrica de Cocolate coma noutros espazos, ademais de en múltiples e valiosas colaboracións con outras formacións, como Eladio y Los Seres Queridos, Denova Pop ou Molsom. Oráculo (autoeditado) é o seu primeiro disco e xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais ademais de á venda a través da web da artista. Máis que un LP unha colección de sinxelos, Oráculo reúne os trece temas máis importantes da traxectoria de ARiMagritte desde que iniciara o seu proxecto musical, polo tanto aqueles que veñan seguindo os seus directos neste tempo atoparán no disco unha gravación detallista e impecable daqueles temas que xa lles soarán. Para este disco ARiMagritte conta coa produción elegante de Eladio Santos para os seus trece temas. Son cancións de formato acústico nas que a autora nos propón entrar nas feridas propias e universais, de amor e desamor e coñecernos máis a nós mesmos a través deses pasos. Ari, facendo un xogo de confusión entre a obra e realidade coma os que facía o pintor surrealista Rene Magritte, co que comparte nome, ofrece un traballo en Oráculo que asenta sobre un xogo de equilibrios entre eclecticismo e personalidade, entre a suavidade da voz e a enerxía da música, entre as letras íntimas e a mensaxe universal.

datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer