Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / As pequenas grandes citas dan esperanza ás noites do verán

NOVAS CONFIRMACIóNS DE EVENTOS MUSICAIS QUE SE MANTEñEN OU VOLVEN á AXENDA CULTURAL

As pequenas grandes citas dan esperanza ás noites do verán

MISCELáNEA | xullo 16, 2021

imaxe non dispoñible

Coa quinta onda da pandemia petando forte contra as portas a escena musical mantén as súas expectativas, xa limitadas de partida pero cada vez máis eventos amosan a esperanza nunha volta á normalidade e van volvendo aos calendarios. Esta semana ademais ven de comezar o ciclo de concertos Son do Camiño-Perseidas no Monte do Gozo, o máis multitudinario dos eventos celebrados desde fai un ano e medio en Galicia, reunindo ata 5.000 de persoas e marcando unha referencia para moitos outros actos, ciclos e festivais. Algúns destes, máis modestos nas pretensións veñen de anunciar novidades, datas e programas nesta semana.

Escena independente e alternativa
O máis próximo dos eventos deste tipo que ven de anunciarse chega da man a AC -CS A Trastenda, na Pobra do Caramiñal. Eles organizan de volta este a unha nova edición do Festival da Trastenda, a terceira, o sábado 31 de xullo nas pistas do Lapido da localidade, confirmado a día de hoxe un cartel en clave galega con 5 bandas: Human, Os Bar Ban Sónicos , Bule , Copa Turbo e Kings of the beach. Será un evento de entrada de balde ata completar o aforo marcado polos protocolos sanitarios vixentes.

Desde a pequena parroquia de Limodre, en Fene na Ría de Ares, o festival Felicia POP leva desde 1998 ofrecendo cada verán unha mostra do pop independente e alternativo do país e fóra del. Este ano recupera a súa natureza feliz e ven de anunciar a celebración dunha nova edición para os vindeiros días 13 e 14 de agosto. Ata nove actuacións de diferentes formacións contempla o cartel desta pequena e alegre cita musical, que inclúe bandas como Brighton 64, Los Mejillones Tigre, Familia Caamagno, Lie Detectors, The Bo Derek's, Los Hermanos Dalton, Los Fusiles e Los Chicos Tinta.
Volve tamén á axenda outra referencia minoritaria pero importante como é o Melona Fest, o evento de música alternativa e independente organizado en Santiago de Compostela pola produtora La Melona. As datas previstas para a súa volta son do 22 ao 26 de setembro e, polo de agora teñen xa tres confirmacións de cartel, dous delas correspondentes á súa pasada edición finalmente anulada, Adiós Amores e Chico Blanco, aos que agora se incorpora no cartel Paco Moreno, á falta de vindeiros anuncios.

Jazz para o verán
Ao jazz gústalle saír ás rúas nas tardes e noites de verán. No calendario galego hai varias citas consolidades con este xénero desde fai moitos anos e outras, non por máis recentes, deixan de buscar o seu sitio, que haino para todas. Esta semana soubemos de canda menos tres ofertas a ter en consideración. Quince anos cumpre o Nigrán Jazz sen pausa nin no pasado 2020, e non pensa deixar de festexalo este verán. Un programa de jazz que vai do local ao internacional encherá o programa os días 30 e 31 de xullo, incluíndo ademais fde jam sessions e clases maxistrais as actuaciónde de Ombra de Lúa, Natanael Ramos Islander's Dilemma, Focus Year band e Yago Vázquez Trío.

Practicamente coincidente nas datas pero máis ao norte, tanto que entra no seu nome, celebrarase en Ferrol o festival Jazz ao Norte, unha nova cita na cidade departamental que usará distintas localizacións da cidade desde o 29 de xullo, que abrirá Andrea Motis no Castelo de San Felipe, os días 30 e 31 con Luisa Sobral no Cuartel de Dolores, Antía Muíño e finalizará con José James no Cuartel de Dolores.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer