Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Premios Martín Códax recoñecen cun galardón os esforzos de salas e festivais

A OITAVA EDICIóN PRESENTOUSE E ESTARá ABERTA A CANDIDATURAS O 23 DE AGOSTO

Os Premios Martín Códax recoñecen cun galardón os esforzos de salas e festivais

MISCELáNEA | agosto 20, 2021

imaxe non dispoñible

A organización dos Premios Martín Códax da Música, da Asociación Músicas ao Vivo, anunciou a posta en marcha da súa oitava edición. Esta nova convocatoria abre o vindeiro luns día 23 de agosto o período de inscrición de propostas para as 17 categorías musicais convocadas, a través das que se porá o foco nos 51 proxectos que pasen á fase final. A oitava edición dos Premios Martín Códax da Música outorgaralles un premio extraordinario ás salas e aos festivais galegos en apoio polas dificultades que atravesan por mor da situación sanitaria. Este galardón conxunto substituirá dúas das modalidades dos Premios Organistrum, que si volven convocarse no caso dos proxectos de comunicación musical. Tamén se manteñen respecto da edición de 2000 as 17 categorías musicais. En cada unha delas elixiranse tres propostas finalistas, das que sairán as gañadoras que se darán a coñecer na gala de entrega que terá lugar o 27 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A principios de setembro pecharase o período de inscrición de proxectos, entre os que un xurado profesional seleccionará os finalistas. Xa nunha segunda quenda de votacións, serán os propios socios de Músicas ao Vivo os encargados de decidir os premiados desta oitava edición.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer