Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Sala Karma reabre este sábado para os concertos

OFRECERá DOUS DIRECTOS DESPOIS DUN ANO E MEDIO DE PARADA

A Sala Karma reabre este sábado para os concertos

ROCK | agosto 25, 2021

imaxe non dispoñible

Tras 552 días pechados o emblemático local de Pontevedra Sala Karma volverá este sábado á actividade cultural que lle é propia: os concertos. O espazo situado na rúa Marqués de Riestra da capital provincial acollerá dúas bandas cos seus directos a partires das 22 horas: Thee Blind Crows e mascada. As condicións para esta volta á actividade tras máis de ano e medio pechados inclúen unha capacidade de público do 50 por cento (80 persoas) e ademais a obrigatoriedade da asistencia sentados e con máscara en todo momento, pero aínda así a volta á actividade é un fito que sabe a reinauguración. O responsable da sala, Marcos Rivas, declarou ao dixital Pontevedra Viva que o festival Surfing The Lerez, do que é organizador, non se levará xa a cabo este ano e terá que agardar ata o vindeiro 2022 para ver unha nova edición.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer