Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ortiga marca o seu propio camiño cun novo disco

O MúSICO COMPOSTELáN PRESENTA 'SABES EL CAMINO QUE ELEGí'

Ortiga marca o seu propio camiño cun novo disco

FUSIóN | setembro 2, 2021

capa_ortiga_camino.jpg

Manuel González "Chicho do Funk" xa ten novo disco. O representante máis auténtico da electrocumbia e o "TRAPicalismo" en Galicia ten desde hoxe nas plataformas Sabes el camino que elegí (Ernie Records) un álbum que reúne dez temas novos na súa liña e do que xa foi dando avances nos pasados meses con temas que ademais foi incorporando nos directos como "Nanana", "Helicóptero" ou ese "A veces", co que arranca este novo traballo chamado a facer bailar de moitas maneiras e conseguilo.

A exploración dos ritmos latinos e da música de verbena coa que Ortiga encara a súa proposta vai máis alá neste traballo, que percorre camiños nada xacobeos que van desde o merengue, a cumbia, salsa, bossanova, funk, etc. nas cancións, de temática romántica do seu tempo na súa maioría, cantadas indistintamente en castelán ou galego, Chicho dá entrada a toda a instrumentación electrónica e ferramentas dese tipo que o veñen xa acompañando como distintivo na súa carreira: sintetizadores, autotune, sons MIDI, etc. Pero tamén deixa espazo para sacar partido da súa guitarra en formato acústico ou eléctrico. Este traballo é o segundo disco longo en solitario do artista compostelán tras Chicho & sus chichas (Ernie Records, 2019), tendo no medio un frutífero período no que tamén sacou o disco de Los Rastreadores, o seu proxecto en común con Grande Amore, e a colbroación con Rodrigo Cuevas para a canción "La magia de mi melena".



Colaboracións con pegada
O disco conta coa colaboración de varios nomes de especial relevancia. Sabes el camino que elegí foi gravado e mesturado por Hevi (Amalandrómeda) en Laboratorio Soyuz de Trazo entre decembro de 2020 e febreiro de 2021 e coproducido entre o propio Hevi e Chicho. Conta coa colaboración no tema "Salsa de Piraña" do andaluz Miguelito García, cantante de Derby Motoreta's Burrito Kachimba, co que comparte a composición e, letra e interpretación do tema. Ademais tamén están moi presentes as colabocacións con Joâo A. Ferreira na composición de catro temas e na gravación das guitarras do álbum. Na arte gráfica o disco conta co traballo do ilustrador e muralista SOKRAM.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer