Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Mulleres mirando ás mulleres homenaxea figuras femininas da cultura galega

O TEATRO JOFRE DE FERROL ABRE ESTE CICLO DE CATRO CONCERTOS O 17 DE SETEMBRO

Mulleres mirando ás mulleres homenaxea figuras femininas da cultura galega

CLáSICA/LíRICA | setembro 14, 2021

imaxe non dispoñible

Catro concertos comentados a homenaxear figuras da música, das artes e da literatura do país. Esta é a proposta do ciclo Mulleres mirando ás mulleres que se desenvolverá ao longo do mes de setembro en Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol da man da Consellería de Cultura. A compositora e pianista Julia Mª Dopico, a tamén pianista Isabel Pérez Dobarro, e mais as violinistas Raquel e Sara Areal Martínez protagonizan esta serie de recitais que renderán homenaxe a galegas insignes como Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger, Fanny Garrido ou Maruxa Mallo, entre outras.

Os encontros inclúen poemas e músicas das autoras homenaxeadas, textos das propias intérpretes e intervencións a explicar as diferentes pezas musicais. O Teatro Jofre de Ferrol acolle o primeiro destes concertos o día 17 de setembro. O ciclo continuará por Lugo o día 18, Ourense o 24 e Pontevedra o día 25.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer