Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Máis de medio centenar de concertos no 30 aniversario da OSG

A SINFóNICA VOLVE AO PAZO DA ÓPERA E PARTICIPARA NO PROGRAMA DA ORQUESTA NACIONAL DE ESPAñA EN MADRID

Máis de medio centenar de concertos no 30 aniversario da OSG

CLáSICA/LíRICA | setembro 21, 2021

imaxe non dispoñible

A Orquestra Sinfónica de Galicia ven de presentar a súa programación para a temporada na que celebra o seu 30 aniversario. A formación ofrecerá más de medio centenar de concertos ao longo da temporada que agora comeza e na que ademais regresa, tras un circunstancial paso polo Teatro Colón, ao Pazo da Ópera da Coruña tras un novo acordo coa concesionaria do espazo. A que será a novena temporada baixo a dirección musical de Dima Slobodeniouk trae, por primeira vez, a presenza da OSG na temporada de abono da Orquesta Nacional de España con tres concertos no Auditorio Nacional de Madrid, así como o regreso a Oviedo cun concerto coa dirección de Juanjo Mena.

No programa figuran un total de 7 estreas absolutas, con catro versións orquestrais de J. Panula de cancións de Alma Mahler, 'Memoria del Ocre', de José María Sánchez Verdú, a 'Sinfonía nº 1' de Rogelio Groba, 'PangoliNN' de Wladimir Rosinskij, así coma a estrea en España de 'Gemini', de Esa Pekka Salonen, que se presentará en Madrid. A OSG ofrecerá un total de 24 programas diferentes nos 35 concertos que terán lugar en na Coruña, e regresará á súa actividade habitual no resto de Galicia cun total de 12 concertos en Ferrol, Vigo, Pontevedra e Ourense.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer