Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Xacobeo relanza a verbena con sete festivais e 50 orquestras

OS EVENTOS CELEBRARANSE COS NIVEIS DE RESTRICIóN MáIS BAIXOS E O PúBLICO PODERá ESTAR DE Pé

O Xacobeo relanza a verbena con sete festivais e 50 orquestras

MISCELáNEA | setembro 23, 2021

imaxe non dispoñible

Co sector pendente do enunciado final do Decreto que traerá un novo nivel de apertura e capacidades para os eventos culturais, tal como avanzou onte en rolda de prensa o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a Xunta de Galicia ven de presentar a celebración co seu apoio de sete festivais nos que actuarán 50 coñecidas orquestras galegas e que terán lugar durante esta fin de semana na Coruña, Narón, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, ademais de na área de Lugo nunha data próxima que será confirmada nos vindeiros días. Este circuíto intensivo enmárcase dentro da programación do Xacobeo 21-22, ao tempo que supón un importante reforzo da axuda económica que as empresas deste ámbito veñen recibindo por parte do Goberno galego para lles facer fronte aos efectos da crise sanitaria.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, en representación da Consellería de Cultura, Educación e Universidade avanzou a ampliación do acordo da administración galega coa Asociación Galega de Orquestras (AGO) e a Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega (Asevega) de xeito que se incrementará en máis do triplo a dotación inicial de 400.000 euros ata chegar aos 1,24 millóns de euros. Desta nova inxección económica de 840.000 euros, 700.000 destínanse á organización dos devanditos festivais, mentres que os 140.000 restantes supoñen un aumento do crédito para fomentar a contratación de orquestras de verbena por parte doutras entidades mediante a subvención do 40% do custo dos cachés.

Capacidade para 1000 persoas de pé
Cada un dos festivais que se desenvolverá o sábado 25 en Narón e Santiago de Compostela, e o domingo 26 na Coruña, Ourense, Pontevedra e Vigo, ademais do que terá lugar proximamente na zona de Lugo, levaranse a cabo en emprazamentos ao aire libre, cunha capacidade máxima para 1.000 persoas de pé e con división en sectores para garantir a distancia e o resto de medidas de seguridade. A entrada será gratuíta, previa reserva na web www.woutick.es, e cada unha das orquestras participantes ofrecerá cadanseu concerto duns 45 minutos de duración. No caso de non esgotarse por esta canle, as localidades dispoñibles poderán ser retiradas no propio acceso aos recintos.

Primeira comunidade con axudas específicas
A Xunta foi a primeira administración autonómica en adxudicar axudas específicas ao sector da música de verbena. Ademais do devandito convenio, asinado como parte do Plan de reactivación cultural, destaca tamén entre estas vías de apoio o programa de subvencións a orquestras publicado en outubro de 2020, mediante o que se adxudicaron a través de Turismo de Galicia 1.079.000 € a 51 empresas. Así mesmo, o pasado mes de abril a Xunta abriu a convocatoria de axudas para traballadores estacionais de orquestras e espectáculos prexudicados polos peches da covid-19, dotadas con 500.000 €, mentres que en xuño se aprobou o III Plan de Rescate para autónomos e pemes afectados pola crise da covid-19. As orquestras tamén poden beneficiarse deste novo plan ao igual que do previo, aprobado en febreiro.

Tamén che pode interesar:

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer