Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un documental en liña recolle a historia do festival Cantos na Maré

O PROXECTO, QUE PARTICIPOU DO FONDO DE PROXECTOS CULTURAIS XACOBEO 21, PODE VERSE NO WEB DE POLíTICA LINGüíSTICA

Un documental en liña recolle a historia do festival Cantos na Maré

MISCELáNEA | setembro 29, 2021

imaxe non dispoñible

A evolución do festival Cantos na Maré desde a súa xestación en 2003 en Pontevedra ata a súa primeira edición compostelá. Este é o contido de Cantos na maré, 2003-2020, que se presentou o pasado 22 de setembro a coincidir coa última xeira do evento e que chega agora ás redes. O web da Secretaría Xeral de Política Lingüística recolle o audiovisual íntegro, que participou do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

O documental fai un percorrido pola historia do evento "por medio de entrevistas e actuacións de músicos chegados de Cabo Verde, Angola, Portugal, Brasil, Mozambique, Guinea Bissau...". Producido por Nordesía, Vítor Belho, Paco de Pin e Antonio Martínez, conta coa dirección artística de Uxía, a dirección musical de Paulo Borges e a dirección Cinemaré de Alfonso Pato. A última edición do festival celebrouse en Compostela entre o 23 e 26 de setembro.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer