Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Los Eternos xa pasean o seu novo disco "Sonora"

OS DE CEDEIRA FAN EVOLUCIONAR O SEU SON DE AMERICANA CUN TRABALLO COIDADO AO DETALLE

Los Eternos xa pasean o seu novo disco "Sonora"

ROCK | outubro 29, 2021

loseternos_sonora.jpg

A banda de Cedeira, Los Eternos, ven de sacar o seu terceiro traballo longo, "Sonora" (Milana Música / Ferror Records), unha nova incursión nas sonoridades da música americana, tras daquel "Vientos Solitarios" (Ferror Records / Cascaballo Records, 2019) co que regresaban tras un longo silencio de 9 anos. Nesta ocasión a formación ofrecen un disco máis sofisticado e rico en matices, avanzando na súa aposta, que transita desde o pop ao country, nunha evocación de paisaxes típicas do son "western".

O álbum está producido pola propia banda, gravado e masterizado en Estudios Bajocero con Víctor Gacio como enxeñeiro de son. Todos os temas están compostos pola banda, excepto "Inexorable", que é unha adaptación de "One Hundred Years From Now", de The Byrds. Para as cancións, cantadas nesta ocasión todas en castelán, volven contar con Arantza Navarrete na elaboración das letras, ademais de con More nos coros, o propio Víctor Gacio nos teclados, e a trompeta de Tito en "Sonora". O primeiro sinxelo en saír foi o tema "El vals de los quebrantos", un tema que se sitúa na Noite dos Mortos que estes días pasamos. Ademais diso este coidado traballo ofrece outros nove cortes, nos que as cancións crecen os retrousos están ben armados de acordo a un estilo pop que percorre o disco compaxinada coa steel guitar, e os xiros cara o rock ou o folk americano. Coa volta dos circuítos musicais a banda de Cedeira comezará pronto a presentar en directo este "Sonora" nos escenarios e a percorrer os camiños con el , como compre facer. Comezarán o vindeiro 5 de novembro na Sala Mardi Gras da Coruña e ao día seguinte, 6 de novembro, en La Room, de Ferrol.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer