Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O novo Sinsal Museo do Mar ofrece tres xornadas de música en Vigo

O CONCERTO DE APERTURA COA CANTANTE PORTUGUESA LUíSA SOBRAL TERá LUGAR ESTE SáBADO

O novo Sinsal Museo do Mar ofrece tres xornadas de música en Vigo

MISCELáNEA | novembro 11, 2021

imaxe non dispoñible

Sinsalaudio, organizadores do festival Sinsal, ten unha nova proposta para este mes de novembro tras do recente Sinsal Outono. O Sinsal Museo do Mar 2021, un evento a celebrar na cidade Vigo ao longo de tres xornadas, nas que a organización ofrece un abano de concertos nos que convivirán as propostas de formato tradicional con outras máis conectadas coa vangarda. O cartel contará con bandas e artistas pouco habituais no ecosistema das salas de concertos ou festivais de Galicia. Este 13 de novembro terá lugar no Teatro Afundación o concerto inicial do programa coa presentación da artista portuguesa Luísa Sobral, cuxas creacións transitan entre os universos sonoros do jazz, folk ou indie. Sobral presentará en Vigo un repertorio no que destaca Rosa (2018,) un traballo íntimo e cru da creadora producido por Raül Refree, ou mesmo Luísa (2016), disco aclamado pola crítica portuguesa.

As seguintes xornadas deste Sinsal Museo do Mar terán lugar os vindeiros sábado 20 e domingo 21, reunindo nesa fin de semana unha fin de semana de concertos en Vigo nos que o público poderá gozar de propostas musicais dunha ampla e selecta diversidade estilística. Así o ciclo completará a súa programación cos novos directos que se celebrarán no Museo do Mar na tarde do sábado (17.15 a 22.00 horas) e na mañá do domingo (13.00 a 14.00 horas) e para os que xa está activa a venda de entradas. O recinto museístico contará con dous escenarios, situados nas salas Curiosidades científicas e Lonxa, nos que se sucederán os concertos ao longo da tarde. Na primeira das salas, a máis pequena das dúas, terán lugar as actuacións en acústico do compositor e produtor británico residente en Vigo Adrian Timms e rebe.

A sala de maior capacidade, Lonxa, acollerá na tarde do sábado 20 os concertos do músico e artista sonoro Marco Maril, que presentará por primeira vez en Vigo o seu último disco, 15.11.18, inspirado precisamente no Museo do Mar; Verde Prato, unha das máximas expoñentes da xeración de artistas que está a recuperar e reformular a tradición popular vasca da man de elementos electrónicos, debutará na cidade; e Nacho•Faia•Lar, o novo proxecto dos recoñecidos músicos Nacho Muñoz, Faia e Lar Legido. Ao día seguinte, ás 13.00 horas do día 21, o pianista e compositor galego de bandas sonoras Nico Casal ofrecerá o seu primeiro concerto na cidade olívica.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer