Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Resurrection Fest completa o seu cartel e pon á venda as entradas de 2022

O FESTIVAL DE VIVEIRO INCORPORA MASTODON, THE RAVEN AGE, CICLONAUTAS E BOURBON KINGS

O Resurrection Fest completa o seu cartel e pon á venda as entradas de 2022

ROCK | novembro 25, 2021

imaxe non dispoñible

Mastodon, The Raven Age, Ciclonautas e Bourbon Kings son as últimas incorporacións ao cartel da que será a edición 15+2 do Resurrection Fest. A organización do festival anunciou que este venres 26 de novembro porá a venda as entradas para cada un dos cinco días que vai durar o evento. A manter a maior parte do cartel anunciado para a última edición presencial, a de 2019, Viveiro acollerá entre o 29 de xuño e o 3 de xullo pesos pesados do mundo do rock duro como son Judas Priest, Korn, Sabaton, Avenged Sevenfold, Rage Against, Sepultura, Jinjer ou Bring me de Horizon.

As entradas para cada unha das xornadas poderán adquirirse por Internet a partir das 12 da mañá do venres a un prezo de 79 euros máis gastos. Tamén se poden mercar billetes para a festa de presentación do día 29, na que actuarán Deftones, Bullet For My Valentine, Alien Weaponry e Bleed From Within, a un prezo de 39 euros.

En paralelo, anúnciase para o 8 de outubro de 2022 a celebración do primeiro Resurrection Day no Coliseum da Coruña. A xornada reunirá os suecos Amon Amarth con Machine Head en senllos recitais que se complementarán con diferentes actividades por concretar.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer