Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Clara Pino e Pablo Vidal finalizan o ano con Xela

O DúO VERSIONA POEMAS DA HOMENAXEADA NO DíA DAS LETRAS NO SEU úLTIMO TRABALLO

Clara Pino e Pablo Vidal finalizan o ano con Xela

MELóDICA | decembro 9, 2021

xela_clara_pino_pablo_vidal.jpg

A Cidade da Cultura acollía o pasado 2 de decembro a presentación de Xela. Clara Pino e Pablo Vidal fechan as homenaxes a Xela Arias do en que se lle dedicou o día das letras a presentar sete cortes con versións de textos da poeta.

Irás dirás virás, Non me conteño, Borracho, Teremos, terás e Trouxen augamel para agasallarte son os poemas dos que partiron Pino e Vidal para artellar os temas do disco, que o dúo foi dando a coñecer ao longo do ano en diferentes eventos dedicados a Arias. Aires jazz e pop e mesmo toques de música popular brasileira atópanse nun álbum no que Pino lembra a que foi a súa amiga cunha "achega á obra da poeta dende a amizade". O volume, que supón o segundo traballo do dúo, inclúe dúas versións dos primeiros textos, a sumar un total de sete pezas.




datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer